Veciñ@s Independentes da Pobra reclama unha mellora do firme da rúa Venecia

POBRA> Dende a formación entenden que non pode agardarse máis para acometer a súa reparación, ó ser un vial moi transitado.

Veciñ@s Independentes da Pobra reclámalle ó goberno local a reforma do firme da estrada da rúa Venecia, que se atopa nun pésimo estado. Esta non é a primeira vez que esta formación lle solicita ó executivo a reparación do vial, cunha alta densidade de tráfico.

Veciñ@s Independentes aproveitou tamén para reclamarlle ó alcalde a apertura do pavillón polideportivo alí emprazado, unha vez rematadas as obras de mellora, despois de máis de dous anos pechado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí