As mariscadoras de Rianxo esixen a dimisión da directiva e do patrón maior

    concentracionmariscadoras_100_160309.jpgRIANXO> As mariscadoras de Rianxo continúan coas mobilizacións para esixir a dimisión da directiva da agrupación.

    {flowplayer}barbanza/concentracionmariscadoras.flv{/flowplayer}

    Máis dun centenar de persoas, entre elas membros do sindicato UXT e a Asociación Galega de Mariscadores, AGAMAR, arrouparon ás mariscadoras de Rianxo que se concentraron este domingo diante da sede da confraría.

    Tal é como xa advertiran, non desistirán ata que a directiva do colectivo renuncie as seus cargos. Na concentración deste domingo tamén esixiron a demisión do patrón maior, Baltasar Rodríguez por permitir as ameazas e a presión psicolóxica as que presuntamente as somete a directiva da agrupación e non poñer freo a situación. Tamén o acusan de falta de responsabilidade por tardar non acatar a resolución de Pesca na que se declara ilegal o sistema de reparto de ganancias do montemaior.

    Desta volta, aproveitando a a soleada mañá dominical e cos ecos que aínda resoan do antroido, as mariscadoras compuxeron varias coplas de coñecidas cantigas populares onde plasmaron as súas peticións para deixar boa constancia ante o público alí reunido. Nada mellor que o bo humor para quitar ferro a un conflito cada vez máis enquistado.

    Redacción Barbanza