PSdeG e BNG evitan que o pleno provincial debata sobre o auditorio de Vilanova

PONTEVEDRA> Finalmente, a situación das obras do auditorio de Vilanova non se debateu no pleno da Deputación. Partido Socialista e BNG votaron en contra da urxencia da moción presentada polos populares, polo que evitaron que se chegara a discutir o contido da proposta. A decisión non gustou ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, presente no pleno, que falou de ditadura. Pola súa banda, o deputado socialista e concelleiro vilanovés Javier Dios acusouno de asistir só para facer ruído.

 

O Partido Popular non conseguiu sacar adiante a súa moción para pedir que se retomaran as obras do auditorio de Vilanova. Foi presentada pola vía de urxencia, pero as súas razóns non convenceron a deputados socialistas e nacionalistas para xustificar a premura.

O pleno non chegou a discutir sobre o contido do documento, algo que non gustou ao alcalde de Vilanova. Gonzalo Durán asistiu ao pleno, acompañado polos concelleiros Nuria Morgade e Javier Tourís.

Finalizada a sesión plenaria, o goberno provincial reafirmábase. Para o deputado socialista e concelleiro vilanovés Javier Dios, a urxencia da moción non estaba xustificada.

Dios recordou que a comisión de seguimento das obras está convocada para o día 2. O concello de Vilanova estará representado polo alcalde que, a pesares dos conflitos co goberno provincial, asegurou que asistirá con bo talante, co obxectivo de buscar un acordo favorable para os veciños.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/pleno_deputacion_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/pleno_deputacion_ponte.mp4{/flowplayer}