Operación Pokemon: Aduanas solicita os expedientes de contratación de Aquagest no concello de Poio

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/pokemon_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/pokemon_poio.mp4{/flowplayer}

POIO> A Operación Pokemon aterra en Poio. Axentes de Aduanas personáronse esta mañá no concello para solicitar todos os expedientes relativos á adxudicación de obras á empresa Aquagest. O concello non está sendo investigado, pero estivo colaborando durante toda a xornada cos axentes para atopar todos os documentos relativos a dúas obras concretas: unha en Campelo e outra en Camiño Escola-Chancelas. 

As dez da mañá dous funcionarios de Vixilancia Aduaneira presentáronse no Concello de Poio cun oficio asinado pola maxistrada titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo, a cargo da cal está a Operación Pokemon. Nel solicitábase a facilitación dos expediente orixinais de dúas obras asignadas á empresa Aquagest.

A concesión do servizo de augas do concello por dúas décadas foi realizada entre os anos 96 e 97 co que está a piques de rematar, xa que non se tratou ningunha prórroga con ela, e a adxudicataria orixinal foi Ferroser .

Os funcionarios do Concello tiveron que entregar toda a documentación referida a esa obra de ampliación da rede de auga potable en Campelo e á de saneamento en Camiño Escola de Chancela, así como de todos os contratos de calquera tipo nos que participara a sociedade Aquagest, agora Viaqua.

O Concello non está sendo investigado e os seus traballadores colaboraron en todo momento cos axentes. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, aseguraba esta mañá que estaban moi tranquilos.