
CAMBADOS> Cambados anima aos seus veciños a fabricar e utilizar o seu propio compost. O concello ven de conseguir 25 composteiros individuais de Sogama que se repartirán entre os colexios e os cambadeses que estean interesados e tamén participará no Plan de Compostaxe que ten en marcha a Deputación de Pontevedra.
A concellería de Medio Ambiente, rexida en Cambados polo BNG, pretende implantar e potenciar a utilización das unidades de compostaxe entre os veciños e educar aos máis novos na idea de separar residuos.
Co obxectivo de abaratar custes e realizar melloras ambientais, o Concello conseguiu de SOGAMA 25 composteiros individuais para eliminar dos residuos municipais a maior cantidade de material orgánico posible.
Os interesados deberán inscribirse no Rexistro do 9 ao 16 de decembro. O Concello tamén forma parte do Plan de Compostaxe que se está a levar a cabo dende a Deputación de Pontevedra e del tamén esperan sacar algún composteiro comunitario de entre todas as propostas que presentaron.
A educación dos máis pequenos é outro punto clave da actuación da concellería e a partir do próximo luns día 7 os colexios de Cambados recibirán a visita da técnica medioambiental do concello.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/04/cambados_compostaxe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/04/cambados_compostaxe.mp4{/flowplayer}








