Comezan os controis aos hostaleiros para ver se cumpren coa ordenanza de terrazas

    VILAGARCÍA> Uns 90 días pasaron xa dende que o concello de Vilagarcía puxera a andar a nova ordenanza de terrazas, e xa son 25 as denuncias a hostaleiros que incumpren algún dos puntos de regulamento. A maioría delas teñen que ver coa non retirada de mobiliario da vía pública durante a noite. Tres meses hai que votará andar a nova ordenanza de terrazas en Vilagarcía. Na vila, na actualidade rexístranse unhas 25 denuncias a locais hostaleiros por non cumprir algún punto deste regulamento. A maioría teñen que ver coa non retirada de mobiliario da vía pública durante a noite, unha vez finalizado o horario de actividade da terraza. A pesar disto, algúns hostaleiros que demostren que non teñen espazo no interior dos seus locais para gardar ese mobiliario, e que ademais abonen a taxa correspondente poderán deixalos pegados a fachada do seu local. Tras estas 25 denuncias o goberno de Vilagarcía reiterará os implicados a prohibición de deixar o mobiliario na rúa. No caso de repetirse a infracción que vai dende a retirada do mobiliario de maneira permanente ata unha sanción económica. Este punto da terceira ordenanza de terrazas da vila, co que se pretende regular estes espazos, é un dos máis controvertidos xunto co dos horarios de actividade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/denuncias_terrazas_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/denuncias_terrazas_vilagarcia.mp4{/flowplayer}