A Deputación de Pontevedra opta a 15 millóns de euros en fondos europeos no 2016

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra optará a 15 millóns de euros en fondos europeos no 2016. Farao coa presentación de proxectos que buscan avanzar en políticas de xeración de emprego, no crecementos da economía e o emprendemento.

 

Cunha aposta polos proxectos que impulsan a competitividade empresarial, o investimento en I+D ou as novas tecnoloxías, a Deputación de Pontevedra pretende acceder a 15 millóns de euros de Fondos Europeos durante o próximo ano.

A economía será un piar básico na presentación destes proxectos. Un deles céntrase na mellora das pequenas e medianas empresas metalúrxicas da provincia e outro no medio ambiente coa adaptación dos puntos limpos para a recepción de residuos eléctricos e electrónicos. Outros dous farano no turismo como son o Proxecto HydroThermas e aquel que trata de dar valor ao Camiño Portugués. Tamén haberá un oco importante dedicado a impulsar o emprego e a aprendizaxe.

Con todos eles a Deputación parte dunha base de comunicación con concellos participantes e co norte de Portugal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/11/xunta_goberno_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/11/xunta_goberno_deputacion.mp4{/flowplayer}