PONTEVEDRA> O Mercado de Abastos de Pontevedra será o escenario o vindeiro 21 de xuño dunha Festa Feminista. A cita enmárcase no programa de actividades deseñado polo concello co gallo do 8 de marzo, dentro da campaña ‘Ábrelle a porta ao feminismo’. A celebración contará coa presenza da guionista e cómica Henar Álvarez, que presentará o seu libro Ansia e participará posteriormente nun faladoiro. A festa rematará, como non podía ser doutro xeito, con música.
Pontevedra celebrará unha Festa Feminista o vindeiro 21 de xuño. Será no Mercado de Abastos, no marco da campaña ‘Ábrelle a porta ao feminismo’, posta en marcha polo concello de Pontevedra co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
No seu momento a festa cancelouse polo mal tempo. Agora o concello retoma a iniciativa, traendo ata a cidade á guionista e cómica Henar Álvarez para a presentación do seu libro ‘Ansia’. Tamén participará nun faladoiro coa xornalista Carolina Sertal.
Trala conversa, haberá espazo tamén para a música. A festa continuará a cargo de Yaya DJ e Señora DJ.
A Festa Feminista comezará a partires das 7 da tarde.