Arranca o Nadal Cultural de Ribeira con moitas novidades

    RIBEIRA> Moitas novidades no programa de Nadal que desenvolverá o concello de Ribeira ó longo destas festas. O mercado municipal e o auditorio acollerán a maior parte das actividades aínda que os espectáculos na rúa contan tamén con moito protagonismo. Ademais tódalas parroquias contarán con programación propia. Os departamentos de Cultura, Xuventude, Deportes, Servizos Sociais e Novas Tecnoloxías traballaron conxuntamente para ofrecer ós ribeirenses un variado programa de actividades de cara a este Nadal. Destaca o esforzo para incrementar o número de prazas nos obradoiros de conciliación ofertando un total. Estas actividades desenvolveranse no mercado municipal que tamén contará cun servizo de ludoteca e na parroquia de Aguiño onde trinta cativos participarán no Nadal Xogo. Haberá inchables nas rúas practicamente tódolos días en colaboración coa asociación de empresarios. Desenvolverase tamén un concurso de escaparatismo e unha campaña de comercio solidario. Destacan tamén os concertos de jazz e música clásica na rúa así como os numerosos espectáculos de danza, monicreques ou teatro que se desenvolverán no auditorio municipal. Co obxectivo de achegar o programa festivo de Nadal instalaranse tres carpas en cada parroquia: un camión de inchables, unha casiña de chocolate e un iglú con disco móbil. Ademais os pequenos poderán subir no tren expreso de Oriente que percorrerá as principais rúas de Ribeira.