Francesco Tonucci volverá a Pontevedra coa celebración do Salón do Libro

PONTEVEDRA> O goberno municipal ampliará este ano a programación do Salón do Libro. Aínda que esta actividade celebrarase en Pontevedra do 6 ao 22 de marzo, o Concello levará a cabo diferentes eventos previos e posteriores a estas datas. Nun deles participará o pedagogo italiano Franceso Tonucci.

Francesco Tonucci volverá a Pontevedra para impartir unha conferencia enmarcada no Salón do Libro. O pedagogo será o encargado de dar o pistoletazo de saída a un evento que terá a Italia como país convidado. A cita con Tonucci será o 28 de febreiro.

A conferencia con Tonucci será unha actividade previa a celebración do Salón do Libro. Un evento que se desenvolverá do 6 ao 22 de marzo. Pero a programación desta cita non rematará aí. O goberno municipal celebrará do 26 ao 28 de marzo a terceira edición do Congreso Internacional de Mediación Lectora.

O Congreso de Mediación Lectora terá a mesma estrutura que nas edicións anteriores e contará con convidados de luxo como Jordi Sierra i Fabra, Kiko DaSilva ou Ana Garralón. Ademais, neste evento haberá tamén obradoiros que xirarán arredor de temas como a transmisión oral, os videoxogos ou a ciencia.

Este Congreso contará tamén coa participación de Ledicia Costas e Hermatocrítico. O broche de ouro o porá Lois Pérez cun recital poético. A programación e o formulario de inscrición os podedes atopar na web do Salón do Libro.