Pontevedra> E no concello de Poio tocou facer balance nesta xornada sobra a festa da Ameixa. Unha cita que neste 2018 cumpriu 31 anos e pola que pasaron máis de 15 mil persoas. O prato estrela desta cita coa gastronomía segue sendo a ameixa a mariñeira, e dende a carpa repartiron máis de 1994 racións de ameixa en todas as súas vertentes.
Éxito total e absoluto da trixésimo primeira edición da festa da ameixa. Unha cita que se celebrou na pasada fin de semana na parroquia de Campelo, no concello de Poio e pola que pasaron máis de 15 mil persoas, 4 mil persoas máis que no pasado ano.
O prato estrela desta cita gastronómica segue sendo, tal e como nos informou nesta xornada o concelleiro de Turismo, a ameixa á mariñeira.
E nesta trixésimo primeira edición contaron cun orzamento de 116 -120 mil euros, dos que finalmente irán a parar 60 mil ás arcas municipais.
Unha cita que contou con moito éxito gastronómico e tamén cultura, xa que pola Praza da Granxa en Campelo pasaron miles de persoas para desfrutar do directo de Treixadura, Andy e Lucas e a orquestra Claxxon.