Pontevedra será o escenario do novo ‘thriller romántico’ de DLO Producciones

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá converterse no plató dunha serie de televisión. Será un thriller romántico e de personaxes, actual, que se emitirá nunha popular plataforma de streaming. Chegará a máis de 120 países de todo o mundo. DLO Producciones, co pontevedrés José Manuel Lorenzo á cabeza, está detrás desta aposta.

Pontevedra comezará o 2024 sendo o escenario dunha serie de televisión. A cidade é un dos espazos escollidos para rodar a nova obra de DLO Producciones.

A rodaxe comezará a finais de febrero e prolongarase ao redor de sete semanas. A zona vella é unha das localizacións escollidas. Tamén o convento de Santa Clara. Segundo explicou o seu produtor, unha historia de amor desencadea todo un thriller de personaxes.

O produtor adiantou que haberá moitos actores das zonas de Vigo e Pontevedra. No reparto podería estar tamén o seu irmán, Francis Lorenzo.

DLO Producciones está detrás de series como La caza: Monteperdido para Televisión Española ou Dime Quién Soy e El Inmortal para Movistar+. Este novo proxecto incluirase nunha das plataformas por streaming máis populares da actualidade.

Ademais de en Pontevedra, tamén se gravará noutros puntos da contorna como Ponte Caldelas, Combarro, Vilanova de Arousa ou as praias da Lanzada e de San Vicente do Mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí