A Policía Nacional presenta o Plan de Comercio Seguro entre os praceiros

PONTEVEDRA> A Dirección Xeral da Policía Nacional pon en marcha un Plan de Comercio Seguro no que preveñen a comerciantes de posibles roubos nas súas tendas. Os seus delegados de participación cidadá xa pasaron polo mercado de Pontevedra para informar aos praceiros.

 

Hoxe pola mañá comeza en Pontevedra unha campaña de prevención de roubos en establecementos posta en marcha pola Policía Nacional que da man dos seus propios axentes presenta aos comerciantes unha serie de boas prácticas coas que garantir a seguridade dos seus produtos e postos.

A pesar de que os mesmos axentes de Policía recoñecen que Pontevedra é unha cidade moi segura, recomendan o emprego da Guía de Comercio Seguro que recolle unha serie de consellos nos que se establecen pautas de actuación en portas e persianas, alarmas, a iluminación, a caixa rexistradora ou os pagos con tarxeta.

A campaña comezou en toda España a comezos de decembro pero intensificarase agora de cara ás festas de Nadal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/15/praza_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/15/praza_pontevedra.mp4{/flowplayer}