O campionato Suso Domínguez dedica a VII edición aos viños espumosos e as mulleres sumilleres

PONTEVEDRA> O Carlos Oroza dedica a sétima edición do seu concurso de sumillería aos viños espumosos e a importancia da muller nos servizos de restauración e cociña. A participación nesta ocasión foi de 15 alumnos de diferentes centro de España e Portugal. Na final valorouse a apertura dunha botella de viño mediante a técnica do sable.

Dende hai sete anos o CEIP Carlos Oroza celebra o campionato de sumillería Suso Domínguez. Un torneo en homenaxe ao antigo profesor do instituto. Na competición prímase aos alumnos de diferentes centros de Portugal e España polas súas habilidades é coñecementos na especialidade de servizos de restaurante bar. Esta edición estivo dedicada aos viños espumosos e a importancia da muller nos servizos de restauración e cociña.

Nesta edición participaron 15 alumnos. Dos cales cinco pasaron á final de hoxe. Na última proba, os finalistas tiñan que mostrar a súa destreza para abrir unha botella de viño coa técnica tradicional do sable.

Para escoller á gañadora, os xuíces valoraron diferentes aspectos técnicos.

Dende o centro destacan a importancia deste campionato.

A gañadora foi Fátima Coello do CIFP Paseo Das Pontes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí