O PP provincial acusa a Deputación de mentir ca execución do presuposto

PONTEVEDRA> O PP provincial de Pontevedra critica a Deputación por executar só o 27% do orzamento. Os populares aseguran que moitas obras anunciadas polo goberno provincial non se levaron a cabo e piden a presidenta e o vicepresidente que pidan desculpas ós concellos.

Achéganse as eleccións e é hora de facer balance do que foron estes catro anos de goberno. Para o PP provincial o mandato de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra foi o peor da historia da administración e criticaron a falta de execución de presuposto.

Para os populares o goberno da Deputación esta enganando a xente cando anuncia obras que non existen ou se atribúen outras que foron feitas polos concellos.

Moldes considera que a presidenta se contradí cando di que non permitirá que os alcaldes presuman de obras feitas pola deputación.

O portavoz aproveitou para pedir a presidenta e o vicepresidente que se desculpen cos alcaldes e cos veciños.