Jose Ramón Abal pide un debate con Sabela Fole para esclarecer a rotura do acordo de investidura

CAMBADOS> Jose Ramón Abal pide a Sabela Fole un debate ante os medios de comunicación para esclarecer as causas que provocaron que o pacto entre Cambados Pode e o PP non saíse adiante. O voceiro de Pode culpa a Fole de querer enganalo, prometéndolle competencias de forma verbal que á hora da verdade a popular non plasmou no pacto de investidura. Jose Ramón Abal acusa a Sabela Fole de mentir e de tenderlle unha emboscada.

Jose Ramón Abal saíu este martes a dar á veciñanza de Cambados as explicacións de porqué non apoio finalmente a investidura da popular Sabela Fole. Segundo o líder de Cambados Pode, a popular á hora de plasmar o pacto por escrito modificou algún dos puntos que habían acordado de forma verbal. Especialmente en canto a dirección da área de obras e servizos, xa que deixaba para Cambados Pode só aquelas obras que non estiveran no programa electoral do Partido Popular.

Jose Ramón Abal tamén critica que Sabela Fole mentiu na carta que enviou á veciñanza tralo pacto de investidura. Mentiras como que Jose Ramón Abal non lle colleu o teléfono o día antes do pleno ou que lle ofrecera a Cambados Pode a primeira tenencia de alcaldía.

Para o líder de Cambados Pode, a reunión de con Sabela Fole o día antes do pleno de investidura foi a súa pero experiencia política, xa que se sentiu enganado e en medio dunha emboscada.

Dende Pode creen que alguén da formación xa sexa a nivel local ou provincial mal aconsellou a Sabela para modificar os termos do acordo. Jose Ramón está seguro da súa forma de actuar e por iso pide a Sabela un debate ante os medios para esclarecer a verdade.

Tras todo isto, Jose Ramón Abal pediu desculpas á veciñanza por tardar en dar as súas explicacións e agora só desexa que se coñeza toda a verdade.