Os sindicatos denuncian que os despidos do Galatea son represalias

    PONTEVEDRA> CIG e CCOO denuncian que Hotel Galatea de Sanxenxo quere despedir ós seus 24 traballadores indefinidos como represalia. Estes sindicatos aseguran que o Hotel é rendible segundo os datos achegados pola propia empresa, polo que non aceptarán máis alá dun ERE temporal de tres meses para os traballadores.

    Os sindicatos CIG e CCOO denuncian que a actual dirección do Hotel Galatea de Sanxenxo propón un ERE extintivo para os seus 24 traballadores como represalia por non accederen ás negociacións que facían en privado con cada un deles, e trala intervención sindical. A empresa, arestora en mans de Gestión Hotelera Independiente GEHO, logo de que en abrir rematase a concesión da empresa OCA, propón facer deste establecemento un hotel estacional que abra só en temporada alta e para iso quere desfacerse da masa social; algo que se encontra ca oposición frontal dos sindicatos. O vindeiro mércores 8 de outubro comeza o calendario de negociacións co fin de intentar salvar os 24 postos de emprego e evitar que peche o Hotel, alomenos durante máis de tres meses. Desde a CIG denuncian tamén as ameazas e coaccións que están a recibir os traballadores por parte dos directores da empresa; propiedade de José Luís Prieto e baixo a xerencia de Carlos García del Castillo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/galatea.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/ere_hotel_galatea.mp4{/flowplayer}