Rianxo acollerá un campus para mellorar a comunicación familiar

    RIANXO> O departamento de Servizos Sociais de Rianxo porá en marcha o próximo ano un campus de familias. O obxectivo é dotar ós pais e profesionais da educación das ferramentas necesarias para unha boa comunicación no ámbito familiar. O campus de familia está especialmente dirixido a pais aínda que tamén poden participar profesionais da educación, como mestres ou psicólogos. O obxectivo desta actividade que se desenvolverá tódolos sábados a partir do mes de xaneiro é mellorar as relacións no ámbito familiar a través dunha comunicación máis fluída. En total ofertaranse quince prazas, totalmente de balde, ás que xa poden optar os interesados inscribíndose a través do departamento de servizos sociais. O curso impartirase de xaneiro a xuño e retomarase de outubro a decembro.