Búscanse familias de acollida en O Salnés

    VILAGARCÍA> Cruz Vermella busca familias de acollida no Salnés. O seu programa de acollemento conta na provincia de Pontevedra con 66 familias que reciben temporalmente a nenos dende os dous días ata os 17 anos para evitar que se rematen en centros e coidalos mentres a súa situación non se arranxe, pero ningunha se encontra nesta comarca. Tamén necesitan familias que se poidan facer cargo de varios irmáns, de rapaces con necesidades especiais e de nenos de máis de 8 anos.

     

    Diana e o seu marido decidiron fai catro anos cando apenas chegara á trintena participar no programa de acollemento da Cruz Vermella para a provincia de Pontevedra e dende ese momento 6 bebés de apenas dous días pasaron con eles as súas primeiras semanas de vida.

    Durante ese tempo, Diana e José María, convértense nos pais temporais deses nenos aos que cambian cueiros e coidan como propios sabendo sempre que deberán deixalos marchar cando a súa situación de adopción se legaliza.

    Para cada menor tutelado, a Xunta de Galicia solicita á Cruz Vermella unha familia que se adapte as necesidades de cada neno, que pode incluír cambiar a súa zona de residencia ou mantela, e é por iso polo que necesitan con urxencia atopar familias na comarca do Salnés que estean dispostas a entrar na súa rede.

    Só durante este 2015 medio centenar de rapaces pasaron por este proxecto, dos que 36 están vivindo neste momento coas súas familias de acollida, pero se falamos de anos anteriores ou dos datos de toda a comunidade autónoma as cifras dispáranse.

    Para participar neste proxecto non se necesitan requisitos especiais como se dunha adopción se tratase, simplemente se busca un fogar onde o pequeno sexa tratado como un máis da familia, estea composta por quen sexa.

    Ademais de familias na comarca do Salnés tamén se precisan aquelas que poidan manter a varios irmáns, ás que poidan coidar de rapaces con necesidades especiais ou facerse cargo de nenos de máis de 8 anos.

    Cun seguimento por parte dos traballadores sociais de Cruz vermella durante ese tempo e unha pequena compensación para gastos, o obxectivo final non é máis que axudar a que cada neno poida ter a infancia que todos merecen.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/18/acollemento_familiar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/18/acollemento_familiar.mp4{/flowplayer}