Os populares denuncian a suba das taxas en Poio

    O PP de Poio denuncia que o incremento de taxas plantexado polo goberno municipal é superior á subida do IPC. Segundo sinala o portavoz popular, Javier Domínguez, os impostos por recollida e tratamento de residuos sólidos urbáns aumentan un cinco por cento. Ademais, o PP oponse á creación dunha nova taxa por expedición de documentos.

    O portavoz do Partido Popular no Concello de Poio, Javier Domínguez, amosouse moi crítico na Comisión de Facenda celebrada esta semana e na que se abordou a proposta do goberno local de modificación de taxas e impostos. O PP cre que o equipo de goberno aprobou un incremento de taxas superior incluso á subida do IPC.

    Segundo explica Javier Domínguez, no caso da taxa de auga, sobre un 4,88 por cento; a recollida de lixo un cinco por cento e a taxa de tratamento de residuos sólidos urbáns, outro cinco por cento. Os populares critican ademais que estas subidas non van parellas a unha mellora dos servizos ofrecidos. O grupo popular oponse tamén á creación dunha nova taxa por expedición de documentos, o que ó seu parecer confirma o afán recaudatorio do alcalde.

    Redacción Salnés