A música de cámara galega soará de novo no Auditorio

    galegos_hoxe_100_150210_copia.jpgVILAGARCÍA> A segunda edición de ‘Galegos Hoxe!’ traerá catro concertos con obras creadas e interpretadas por músicos nados ou residentes en Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/150210_galegos_hoxe.flv{/flowplayer}

    Piano, gaita, percusión e trompeta. Estes serán os instrumentos protagonistas do segundo ciclo de música de cámara Galegos Hoxe. Tralos bos resultados acadados na primeira edición, o concello de Vilagarcía volve a apostar por esta proposta na que se combina lecer e pedagoxía, pero sobre todo, un esforzo por promover a arte galega. E é que tódalas obras que se van a interpretar neste ciclo son compostas e interpretadas por músicos nados ou residentes en Galicia.

    Comezarán o xoves 18 de febreiro ás nove da noite no Auditorio Municipal. Seguiranlle outros tres concertos, un cada mes ata o 21 de maio. Pero ademais das audicións, o ciclo contempla tamén catro conferencias complementarias dirixidas a alumnos do conservatorio, a Escola Municipal de Música e da Banda de Vilagarcía.

    Entre estes compositores, tres crearon as súas obras expresamente para seren interpretadas neste ciclo, e outras seis estrearanse tamén no Auditorio. Tódolos concertos manterán o mesmo horario e localización, ás nove da noite no Auditorio Municipal. A entrada será gratuíta e estárán abertos a todo tipo de público.

    Redacción Salnés