José Vieito e Beatriz Fernández, gañadores da carreira popular de Boiro

    BOIRO> Máis de oitocentos corredores, sumando tódalas categorías, déronse cita onte domingo en Boiro na undécima edición da carreira popular ‘Mar de Boiro, noveno Memorial Pepe Buceta’. A proba, organizada polo departamento de Deportes boirense, en colaboración con diversas entidades e casas comerciais, resultou todo un éxito. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou tamén ó bo desenvolvemento da carreira, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido. Na categoría absoluta masculina o vencedor foi José Vieito, cun tempo de trinta e dous minutos e dez segundos. Por detrás del entraron Víctor Xosé González e Diego Calvete. En categoría feminina a vitoria recaeu en Beatriz Fernández, que estableceu un tempo de trinta e nove minutos e dez segundo. Na liña de meta seguírona Raquel Vázquez e Marinela Mayo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí