![]()
RIBEIRA> Esta semana reabriuse a campaña do percebe en Aguiño. A gran calidade e abundancia das capturas contrasta coas baixas cotizacións motivadas pola gran presenza de percebe no mercado.
{flowplayer}barbanza/aperturapercebemaio.flv{/flowplayer}
Os percebeiros de Aguiño volvían esta semana a traballar nas súas concesións. Tal e como apuntaban as previsións hai abundancia de percebe de bo tamaño. Sen embargo, nesta primeira xornada os prezos non acompañaron xa que as boas condicións do mar traducíronse na abundancia de percebe provinte doutras zonas no mercado.
Ó xa estar abastecido tan só tres compradores acudiron á lonxa de Aguiño na xornada de volta ó traballo. A confraría decidirá as xornadas de traballo en función das cotizacións que se vaian acadando.
O obxectivo é agardar a extraer o marisco nos momentos de máis demanda cando acada prezos acordes á súa calidade.
Redacción Barbanza









