RIBEIRA> Unha vintena de establecementos participarán na campaña de Comercio Solidario que arranca mañá en Ribeira. A través de achegas económicas, doazón de produtos ou descontos colaborarán coas familias máis necesitadas. Os empresarios de Ribeira volcáronse un ano máis coa campaña solidaria impulsada pola concellería de Servizos Sociais. Máis de vinte empresas, comercios e locais hostaleiros sumáronse a esta iniciativa que busca apoiar ás familias máis necesitadas, especialmente en datas sinaladas como Nadal. Os titulares dos negocios que se sumen á campaña, aínda están a tempo de facelo, poden colaborar a través de tres vías: a doazón de produtos, descontos ou unha achega económica directa. Tódolos establecementos colaboradores contarán cun distintivo para que o cliente sexa coñecedor da súa participación. Os artigos e fondos recadados canalizaranse a través das ONGs do municipio que se encargarán do reparto entre os usuarios que máis o necesiten.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










