{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/reunion_cerco_2212151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/reunion_cerco_221215.mp4{/flowplayer} GALICIA> Principio de entendemento no seo do cerco galego para que os barcos sen cota conten cun mínimo de capturas. Esta proposta foi abordada na xuntanza mantida polos representantes da flota esta mañá en Santiago. Tras plantexala nas diferentes asembleas volveranse reunir a próxima semana para tomar unha decisión. O enfrontamento aberto no seo do cerco galego polo reparto de cotas entre embarcacións semella máis preto de solucionarse trala reunión mantida en San Caetano coa Conselleira do Mar. No encontro, os armadores que avogan pola xestión conxunta e aqueles que defenden a cota individual, achegaron posturas para fixar un mínimo de capturas para aquelas embarcacións que non contan con dereitos históricos. Esta proposta dun solo mínimo de capturas, que deberá ser refrendada polo Ministerio, non afectará os criterios de reparto entre comunidades, un dos principais cabalos de batalla de ACERGA, a asociación maioritaria do sector. O reparto por embarcación e tripulante que reclama a asociación de armadores suporía, segundo a Conselleira, un prexuízo para Galicia que perdería posibilidades de pesca. Tralo primeiro paso de cara á solución do conflito, os cerqueiros quedaron emprazados para unha futura reunión que se desenvolverá a próxima semana. Mentres tanto, ACERGA xa convocou unha asemblea para decidir se levanta ou non a acampada que manteñen en San Cateano dende hai dous meses en protesta polo actual reparto.
Inicio crb