O galo de curral, protagonista da feira de Nadal de O Mosteiro

    MEIS> Ademais da Lotaría de Nadal, en Meis houbo hoxe outro protagonista. No campo da feira de Mosteiro, o galo de curral acaparou todas as miradas. Xa hai catro anos que a localidade aposta por potenciar este produto, ideal para encher as mesas nestas datas. Ademais, a intención é converter a cita nunha feira de referencia de produtos saudables e ecolóxicos.

     

    Do campo ao prato pasando pola feira de O Mosteiro. Este podería ser o resumo da vida do galo de curral, o protagonista do mercado de Nadal que se celebrou hoxe.

    A feira naceu hai catro anos para reivindicar este produto; perfecto para encher as mesas nestas épocas tan especiais.

    Pero co tempo a feira tense volto máis ambiciosa. A intención é converter Mosteiro nun referente de produtos saudables con esta cita, que a partires de agora coincidirá co día da Lotaría. Mel, pastas, algas, aceites, produtos da horta, queixos… todo elabora de xeito artesanal.

    Na organización desta cita o concello conta coa colaboración de O Xaramelo, asociación con ampla experiencia en mercados ecolóxicos. Eles levaron ata a feira unha das propostas máis rechamantes: unha mesa de intercambio de sementes.

    Produtos ecolóxicos e propostas interesantes que buscan facer desta Feira de Decembro un referente para encher as mesas do Nadal de alimentos sans.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/galo_curral_meis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/galo_curral_meis.mp4{/flowplayer}