A Pobra busca o mellor emprazamento para o futuro centro de saúde

    POBRA> O concello da Pobra baralla un novo emprazamento para a construción dun novo centro de saúde. A opción preferida polo grupo de goberno é unha parcela de uso dotacional entre a rúa Nova e o Lagar. Dado que se trata dunha inversión a longo prazo, o concello da Pobra trata de buscar o emprazamento idóneo para o futuro centro de saúde. O polígono dous, entre a rúa Nova e O lagar, constitúe a mellor opción para o goberno local pola súa accesibilidade, proximidade co centro do pobo e existencia de zonas verdes e espazo dotacional. O cambio de ubicación podería supoñer unha demora nos prazos para optar á subvención da Consellería de Sanidade. Aínda así, o executivo xa iniciou os contactos cos propietarios dos terreos e manterá unha xuntanza con responsables da Consellería para acordar os termos e prazos das axudas. O concello está disposto a asumir a urbanización incial para dispoñer da bolsa de terreos necesaria para a nova infraestrutura.