O percebe de Aguiño non supera os noventa euros na véspera de Noiteboa

    RIBEIRA> O mal tempo está a condicionar a campaña do percebe neste Nadal en Aguiño. O quilo de crustáceo pagouse moi por debaixo dos preto de trescentos que chegou a cotizar en anos anteriores. As boas previsións da confraría de Aguiño ante unha campaña que semellaba prometedora trala súa apertura caeron por terra este Nadal. O mal tempo foi a tónica dominante das últimas semanas a diferenza das boas condicións marítimas do norte que abastecen ó mercado de percebe de calidade. Na última subhasta antes da Noiteboa, o quilo de percebe non pasou dos oitenta e seis os euros fronte ós máis de douscentos que chegou a cotizar en anos anteriores. Aínda así, os produtores consideran que non é mal prezo dada a calidade do marisco. A mala mar impide que se recollan os mellores exemplares ó ter que traballar en zonas máis ó abrigo e menos perigosa. A escaseza de percebe motivou que algúns produtores optaran por dedicarse a outras especies como a ameixa ou a navalla que foron a nota positiva desta campaña de Nadal. Tras este modesto arranque agardan que a semana que vén sexa mellor aínda que as previsións meteorolóxicas fan augurar un panorama semellante.