Un mozo compostelán morre afogado na praia do Vilar

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/falece_banista_vilar040720161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/falece_banista_vilar04072016.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A zona tiña bandeira vermella, e nese momento, xa non había servizo de socorristas no areal. Recén estreado o verán a traxedia volve tinguir o mar da praia ribeirense do Vilar. Tralo aviso dun anónimo, o domingo preto das 9 de noite, de que un rapaz tiña problemas para saír da auga, alertouse ao helicóptero do Servizo de Gardacostas “Pesca 1”. A súa tripulación conseguiu atopar ao mozo, un santiagués de 22 anos, que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no fondo do mar, e trasladalo ao hospital do Barbanza. No rescate participaron tamén efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Riveira. O rapaz foi arrastrado por unha corrente de auga ata unha zona de rompente e acabou no fondo do mar. A desgraza tivo lugar nunha área na que os socorristas colocaran unha bandeira vermella o sábado, impedindo o baño. Non foi o único incidente onte nos areais ribeirenses. Na praia de Catía, en Castiñeiras, a mediodía de onte un septuaxenario entrou en parada cardiorrespiratoria mentras se bañaba. Nesta ocasión, por fortuna, os servizos de emerxencia conseguiron estabilizalo e trasladalo ao Hospital de Santiago. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/falece_banista_vilar040720161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/falece_banista_vilar04072016.mp4{/flowplayer}