O cerco galego demanda o aumento da cota de sardiña en base a informes científicos favorables

BARBANZA> O cerco galego reuniuse onte con representantes do sector de Andalucía e Portugal para analizar a apertura da campaña desta especie prevista para o mes de maio. Na xuntanza acordouse demandar ós seus respectivos gobernos aumentar as capturas desta especie para este ano en base ós informes científicos favorables.

A espera de novas sobre a apertura do caladoiro, e das cantidades das que disporán finalmente,  o sector ten previsto acudir de novo o 1 de abril a Portugal como medida de presión, xa que ese día está prevista unha nova reunión do comité científico para analizar a situación desta pescaría.

Comments are closed.