Víctor Senra faise co II Rally de Ribeira-Ría de Arousa

BARBANZA> O Rally de Ribeira-Ría de Arousa era a derradeira proba do Campionato Galego de Asfalto.

Aínda que o título xa estaba decidido en favor do piloto de Dumbría, Víctor Senra, claro dominador do campionato este ano, quedaba a honra de saber quen se facía co trunfo na proba.

Alberto Meira liderou por completo a xornada do sábado, pero todo cambiou o domingo. Senra, con catro ‘scratches’, superaba ó piloto de Vinzios, facéndose coa vitoria na xeral. En terceiro lugar na clasificación quedaba Amador Vidal.

En canto ós vencedores no resto de categorías destacar a vitoria de Miguel Suárez  na Copa Top Ten Pirelli mentres que o trunfo na Copa Volante FGA foi para Brais García.

O Rally congregou a numeroso público, principalmente durante a xornada do sábado á tarde, que se achegou ata as diferentes estradas secundarias polas que se desenvolvía a carreira para non perderse nada do espectáculo.

A organización, volveu a estar de dez, e non se produciron incidentes de consideración, cunha especial atención nas medidas de seguridade tanto para pilotos como para afeccionados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí