A CIG convoca unha folga feminina de 24 horas para o 8 de marzo

RIBEIRA> A CIG convoca para este oito de marzo unha folga feminina de vinte e catro horas. Entenden que non se ten avanzado nada en materia de igualdade laboral dende o pasado ano polo que consideran preciso este paro para reivindicar o papel da muller traballadora.

Discriminación salarial, acoso laboral e mesmo violencia no ámbito de traballo. dende a CIG sobran os motivos para convocar unha folga de mulleres o próximo oito de marzo.

A CIG convoca ademais unha manifestación para o propio oito de marzo a mediodía na praza do concello de Rianxo.Secundarán tamén a mobilización das asociacións feministas convocada ese mesmo día ás oito da tarde diante da casa do concello.

O pasado ano, o sindicato convocou paros de dúas horas por quenda, cun seguimento masivo. Agardan unha resposta igual ou maior nesta folga de vinte e catro horas.