Noia volverá enxalzar a súa tradición cabalar nas Festas de San Marcos

NOIA> Noia preparase para vivir catro días de festa nunha das súas celebracións máis destacadas. O San Marcos volverá enxalzar a tradición ecuestre da vila mesturada con propostas máis innovadoras para tódolos públicos.

O xoves 25 arrancan as festas de san Marcos en noia coa tradicional feira Cabalar en san Lázaro. Este ano incorpora novidades nos concursos e exhibición cun programa mais amplo con actividades para tódolos públicos. Novidades tamén en canto á  feira de maquinaria agrícola que estrea localización.

En canto ás propostas musicais destacan orquestras da talla da París de Noia, artistas como Xisco Feijoo, sesions dj con discómobil ou un tributo a Sabina, entre outras.

As celebracions rematarán o domingo cunha foliada popular e a actuación de Trobeiros da Ponte. O cartel deste ano foi elaborado por un ilustrador local, Fon Barreiro, que tratou de plasmar as lembranzas que lle evoca o San Marcos xunto cos enclaves máis emblemáticos da vila.