PONTEVEDRA> Pontevedra contará coa ronda urbana que conectará O Marco con Montecelo antes de que remate o 2016. A Deputación de Pontevedra inxectará 1.122.000€ á empresa adxudicataria da obra que dará comezo o vindeiro mes de febreiro.
Tras anos de planificacións e de dilacións en diversos trámites administrativos, o novo goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou a obra que conecta o nó de O Marco co acceso ao Hospital de Montecelo.
Para a obra destinaranse 1.122.000€ e das 22 empresas que se presentaron a concurso a elixida rematou sendo Asfaltos e Construcións Elsán. A Obra comezará este febreiro e ten unha duración prevista de sete meses.
Con esta nova ruta, que pretende canalizar uns 5.000 vehículos diarios que agora mesmo empregan as rúas das Pereiras de das Olivas como vía.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/28/rolda_urbana_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/28/rolda_urbana_pontevedra.mp4{/flowplayer}