POIO> Poio estrea proposta cultural para recibir a nova estación. Trátase do ‘Primavera en Poio’. Cita que ata o mes de maio traerá concertos e grandes eventos de carácter gratuíto ao municipio. A programación comezará este mesmo vernes coa actuación do Grupo América de Vigo no porto de Raxó.
A primavera en Poio terá a súa propia programación cultural. Este venres comeza a primeira edición do ‘Primavera en Poio’, unha iniciativa pioneira que traerá música e grandes eventos de carácter gratuíto ao municipio.
A proposta comezará este mesmo venres coa actuación do Grupo América de Vigo no porto de Raxó. Esta fin de semana actuarán Los Satélites no adro da igrexa de San Salvador o sábado e o domingo a Panorama encherá a Praza da Chousa de Combarro. O ‘Primavera en Poio’ englobará tamén o Festival Sons de Ánkar. A súa cuarta edición será o sábado 29.
A programación primaveral despedirase o martes 16 de maio coa París de Noia e Los Coleguitas na praza da Granxa de Campelo.
Pouco despois comezarán as propostas do ‘Verán en Poio’. A primeira cita serán as Festas de San Xoán. Segundo Martínez, o concello xa ten pechado o groso das actividades.
O ‘Verán en Poio’ pecharase xa en setembro, coa Festa da Merced.