O transporte urbano está máis cerca de ser unha realidade

PONTEVEDRA> O Concello asegura que existe unha base sólida para chegar a un acordo coa Xunta de Galicia en relación ao transporte público. Ambas administracións acordaron onte, nunha reunión de traballo, impulsar un convenio para coordinar competencias. A intención é que a institución autonómica asuma o contrato e o goberno municipal financie o déficit que se xere dentro do municipio.

O Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia conseguen poñerse de acordo nun dos temas máis conflitivos dos últimos anos: o transporte público. Tras unha reunión entre as dúas administracións, parece que hai disposición polas dúas partes para impulsar un convenio co que se coordinen as competencias de ambas institucións.

Con esta colaboración as liñas interurbanas de transporte, que son de competencia autonómica, pasarían a prestar o seu servizo dentro do ámbito municipal, parte que lle corresponde á administración local. Esta co financiamento centraríase en tres liñas: a de Monte Porreiro, a de Montecelo e a de Alba.

Este novo acordo ven a demostrar que en Pontevedra a única solución razoable neste eido é que o Concello utilice as concesións da Xunta para prestar o transporte urbano.

Con esta base, a Xunta e o Concello volverán a reunirse o vindeiro mes de setembro para que o goberno municipal presente as súas propostas de adaptación das liñas de autobús e do novo convenio.