O PSOE presentará 89 emendas ós Orzamentos do Estado para Pontevedra

PONTEVEDRA> O importe total das partidas que reclaman os socialistas para toda a provincia supera os 140 millóns de euros. Ensino, emprego e investimentos en infraestruturas serán os tres eixos nos que incidirán as emendas que os socialistas presentarán ós Orzamentos Xerais do Estado para o ano que vén referidas á provincia de Pontevedra. Serán un total de 89 por un importe total superior ós 140 millóns de euros. O secretario xeral PSOE na provincia, Santos Héctor, e o deputado no Congreso, Guillermo Meijón, foron os encargados de desmenuzar as partidas coas que os socialistas pretenden paliar as carencias existentes en toda a provincia. En infraestruturas viarias destacan os 12 millóns de euros solicitados para as autovías A-57 e A-59, coa conexión coa A-52 e coa AP 9 ou diversas melloras na seguridade viaria ó longo de toda a estrada N-550. No tocante as infraestruturas viarias tamén demandana conexión da AVE entre Cerdedo, Pontevedra e Vigo ou o Eixo Atlántico con Portugal. En medio ambiente solicitan a o dragado do río Lerez, un millón de eeuros, a rexeneración da fronte litoral de Sanxenxo, 800 mil, paseos fluviais e sendas peonís en Vilagarcía, Sanxenxo e Cambados, a rexeneración da ría de Arousa e o saneamento de Cambados, 900 mil, ou unha actuación de rexenneración na praia da Concha en Vilagarcía, 1’5 millóns de euros. Outras emendas van dirixidas á mellora das casas cuarteis da Garda Civil de Vilagarcía e Cambados, cinco millóns de euros; á nova comisaría de Pontevedra, 500 mil, ou tamén nesta cidade, á mellora da cuberta do Pavillón dos Deportes Alejandro de la Sota.