Papá Noel chega esta noite aos fogares dos nenos de todo O Salnés

    CAMBADOS> Papa Noel percorrerá esta noite miles de quilómetros por todo o mundo para que ningún neno quede sen os seus agasallos e espera recibir das casas dos máis pequenos un pouco de leite e galletas de chocolate para coller forzas durante a viaxe. Os rapaces que deben estar ben durmidos esta noite xa escribiron a carta cos seus desexos e teñen moi claro que esperan recibir.

     

    Os máis rápidos enviaron a súa carta fai semanas e aqueles máis despistados esperan que Papá Noel saiba o que debe deixar debaixo das súas árbores de Nadal, pero todos aseguran que foron o suficientemente bos como para non recibir carbón.

    Directo dende o seu obradoiro de xoguetes no Polo Norte Papá Noel paseaba hoxe por varias vilas da comarca onde explicaba aos nenos que sabe falar todos os idiomas do mundo ou cómo fai para chegar as casas a tempo nunha soa noite. Algún aventurábase a explicar a súa teoría.

    Antes de marchar tamén tivo tempo de enviar unha mensaxe para lembrar aos nenos do Salnés que deben facer durante a noite máis máxica do ano.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/24/visita_papa_noel.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/24/visita_papa_noel.mp4{/flowplayer}