Unha delegación de Guimarães visita Pontevedra para coñecer o seu modelo de cidade

PONTEVEDRA> Unha delegación da Cámara Municipal de Guimarães visitaba hoxe Pontevedra para tomar boa conta do realizado na cidade en termos de mobilidade. Co obxectivo de conseguir ser nomeada Capital Verde Europea de 2020 Guimarães tentará adaptar o modelo de cidade aplicado en Pontevedra, ca que aseguran ter moitas similitudes.

 

O alcalde de Pontevedra acompañaba esta mañá ao presidente da Cámara Municipal de Guimarães nunha visita por algúns dos espazos da cidade onde máis se ten traballado a favor da mobilidade do peón. Guimarães quere ser Cidade Verde Europea para o ano 2020 e para iso están tratando de dar calidade de vida aos seus cidadáns aumentando o espazo urbano como fixo Pontevedra.

A vila portuguesa, cunhas 70.000 persoas no seu núcleo urbano e un casco histórico patrimonio da humanidade, toma como referente a Pontevedra e o compromiso que ven grupo de goberno ao que tildan de valentes. O alcalde pola súa parte bromeou con que eles non se ían a presentar á este título polo menos ata 2024 para non competir coa cidade lusa.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/05/visita_guimaraes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/05/visita_guimaraes.mp4{/flowplayer}