Os patróns estudan pedir a publicación das embarcacións que poden optar a axudas

    VILAGARCÍA> Comeza a conta atrás para o paro biolóxico do libre marisqueo, e os patróns da ría de Arousa queren deixar todos os cabos atados. Esta mañá, mantiveron unha reunión en Carril a petición da confraría de Rianxo. Segundo explicou o seu patrón, o que buscan é coñecer por adiantado quen vai poder beneficiarse desta axuda, para evitar que moitos mariñeiros queden descubertos.

    A confraría de Rianxo quere rematar coa incertidume dos mariñeiros. Entre o 18 de xaneiro e o 11 de marzo está previsto realizar un paro biolóxico no libre marisqueo. Os que se acollan poden optar a unha axuda da Xunta de Galicia, pero os beneficiarios non se van coñecer ata o mes de xuño.

    Esta mañá reuníronse todos os patróns maiores da ría de Arousa na procura dunha solución. Para esta axuda a Xunta dispón dun orzamento dun millón 800 mil euros, contía que non chegaría para cubrir as demandas de todas as embarcacións.

    Por iso dende Rianxo piden que se coñeza por adiantado a listaxe de persoas que poderían acollerse.

    Tampouco coñecen a contía exacta da axuda, aínda que segundo explicou Iglesias serían 100 euros por armador e 45 por embarcación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/05/reunion_patrons_maiores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/05/reunion_patrons_maiores.mp4{/flowplayer}