A élite do Taekwondo estará esta fin de semana en Ribeira

    RIBEIRA> Ribeira acollerá esta próxima fin de semana a dezaseis edición do Circuíto Internacional de Taekwondo. A proba, organizada polo club Natural Sport, reunirá na localidade a preto dun milleiro de taekwondistas chegados dende diferentes puntos de España e tamén de Portugal.  

     

    O pavillón polideportivo da Fieiteira será escenario este próximo sábado e o domingo da décimo sexta edición do Open Internacional Cidade de Riveira de Taekwondo. A competición organizada polo club Natural Sport en colaboración co Concello, reunirá na localidade a preto dun milleiro de deportistas pertencentes a un total de cincuenta clubs de toda España e Portugal. A xornada do sábado adicarase pola mañá ao combate absoluto, infantil e máster; pola tarde a juniors e cadetes. O domingo tocaralle o turno a técnica, freestyle e exhibición. Dende a organización destacaron o alto nivel participativo neste torneo que se darán cita nas distintas categorías a concurso. Dende o Concello animaron a acudir durante a fin de semana á Fieiteira a presenzar un espectáculo deportivo do máis alto nivel. Será unha fin de semana deportiva. Xa que a cidade acollerá tamén outros eventos deportivos de importancia.