A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza retoma as mobilizacións semanais en Ribeira

RIBEIRA> A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza acordou manter as concentracións dos xoves no centro de saúde de Ribeira para reclamar a incorporación de tres médicos. Así o decidiron na asemblea celebrada a pasada tarde na que tamén secundarán a mobilización convocada por  SOS Sanidade Pública o 6 de abril Compostela.

A incorporación dun médico ó cadro de persoal do centro de saúde de Ribeira non solucionou os problemas de calidade asistencial. A día de hoxe continúan con tres facultativos menos, por non ter cuberto as baixas de longa duración, o que supón un cupo de 4000 pacientes sen médico asignado.

A situación agrávase aínda máis nos casos de vacacións ou incapacidades temporais do persoal en activo posto que o centro xa está ó límite de recursos.

Na asemblea, a Plataforma acordou secundar a mobilización convocada por SOS Sanidade Pública para o 6 de abril así como retomar as concentracións dos xoves a mediodía no centro de saúde ribeirense.