Detido un noiés no marco da segunda fase da Operación Aurum

BOIRO> A primeira fase desta operación denominada Operación Aurum Domus saldouse coa detención de catro persoas, unha das cales ingresou en prisión.

A todos eles acusábaselles dun total de 14 roubos, tres deles en grao de tentativa, cun valor total do roubado en máis de  143 mil euros.

A Garda Civil puido recuperar tamén boa parte dos obxectos subtraídos.

Daquela o Instituto Armado informaba de que a operación continuaba aberta ante os indicios de que o grupo criminal estivera formado por un número maior de individuos.

Durante as investigación posteriores, e a raíz dun novo roubo a unha vivenda en Coristanco co mesmo modus operandi, os axentes da Garda Civil puideron identificar ó presunto autor e localizar os obxectos roubados na vivenda, na súa maioría xoias, que xa foron devoltas ós seus propietarios.

O prendido, veciño de Noia, xa pasou a disposición xudicial nos Xulgados de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión preventiva comunicada e sen fianza.

A Garda Civil informou de que a operación continúa aberta polo que non se descarta que puidera haber novas detencións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí