Un Arosa vitorioso afronta a 2ª metade da liga

VILAGARCÍA> A vitoria deste fin de semana do Arosa fronte ao Cerceda, que chegaba líder a encontro, dálle un empurrón aos de Piscis para afrontar a segunda metade da tempada. Os tres puntos que se levaron a casa ante un partido de gran dificultade, axúdaos a esquecer os dous últimos meses de baixón que tivo o equipo e a pensar xa en próximos encontros.

 

Mais para lograr bos resultados como os de onte, o Arosa debe reforzar a súa plantilla. A notable falta de defensas é o que máis preocupa agora ao seu técnico que espera que as negociacións que están tendo lugar neste mercado de inverno sexan frutíferas e consiga traer ao conxunto tres xogadores novos nas próximas semanas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/11/PISCIS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/11/PISCIS.mp4{/flowplayer}