Portosín volve acoller o Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica

PORTO DO SON> Portosín volve a acoller unha proba do Campionato Galego de Motonáutica de Slalom Inclusivo. A cita será o sábado 7 de setembro, nas instalacións do Real Club Náutico. A proba está organiza polo Club Adeco-Dea Noia.

As instalacións do Real Club Náutico de Portosín acollerán o vindeiro sábado 7 de setembro a quinta proba puntuable para o Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica. Na proba, organizado polo Club Adeco-Dea Noia en colaboración coa Federación Galega de Motonáutica e o propio concello sonense, participarán deportistas con e sen discapacidade.

Trátase dunha competición de regularidade, na que os participantes deberán realizar un percorrido, estilo slalom, con diferentes probas: recollida dunha pelota, fondeo da embarcación, marcha atrás, zona de aro, amarre e, por último, unha proba de lance.

A proba arrancará a partir das dez e media da mañá.