Sanxenxo, O Grove e Meaño reúnense para evitar cortes de luz como o de Aninovo

    SANXENXO> O corte de luz que deixou o pasado día de aninovo a catro concellos do Salnés ás escuras ata doce horas preocupa ás institucións por se puidera repetirse. Esta mañá os alcaldes de Sanxenxo, O Grove e Meaño reuníanse esta mañá cos técnicos de Fenosa e co Delegado da Xunta en Pontevedra para coñecer a orixe do incidente.

     

    Ata doce horas sen luz estiveron en boa parte do Salnés o pasado día de aninovo. Un incendio na subestación de Vilalonga cortaba o subministro da luz de forma xeneralizada dende as catro da tarde e ata altas horas da noite. Esta mañá reuníanse o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, técnicos de Fenosa e os alcalde de Sanxenxo, O Grove e Meaño para analizar polo miúdo o procedemento levado a cabo no sinistro. 

    Dende o Concello de Sanxenxo reivindican que como se prometera antano se reduza a carga correspondente á subestación de Vilalonga debido á antigüidade da mesma e a súa proximidade unha gasolineira tendo en conta a existencia dunha estación máis nova no polígono de Nantes.

    Gonzalo Pita asegura que as deficiencias na rede da subestación crean microcortes constantes que non se poden permitir.

    O alcalde de Sanxenxo lamenta que os esforzos da empresa por restituír o servizo se prolongase ata a madrugada deixando ata 12 horas sen luz a algúns veciños, esperando que non se volva a repetir.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/08/cortes_de_luz.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/08/cortes_de_luz.mp4{/flowplayer}