Medio cententar de clubes participarán na II Regata de Trainerillas Vitaldent

O GROVE> Este sábado o porto do Grove acolle a segunda edición da Regata de Trainerillas Vitaldent. A cita arrancará a partires das 5 e media da tarde, e nela participarán 50 tripulacións de toda Galicia. Na competición, o Club de Remo Mecos intentará revalidar o título de campión que conquistaron o ano pasado.

Cincuenta tripulacións de clubs de remo de toda Galicia daranse cita este sábado en O Grove. A partires das 5 e media da tarde a vila acolle a segunda regata de Trainerillas Vitaldent, nun deporte no que hai ganas de competir.

Non faltará o anfitrión, o Club de Remo Mecos, que este ano intentará revalidar o título de campión conquistado na primeira edición.

Un alto nivel que fai que se espere unha afluencia masiva de público.

O patrocinador do evento, Vitaldent, estará representado nun stand que montará no entorno do porto de O Grove.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/07/trainas_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/07/trainas_grove.mp4{/flowplayer}