EOXI Pontevedra-Salnés, premio á Atención Primaria

    VILAGARCÍA> A Área de Xestión Integrada Pontevedra Salnés vén de recibir o Premio Sanitario 2016 á Excelencia en Calidade. O galardón, outorgado pola Fundación sen ánimo de lucro Avedis Donabedian, recoñece a calidade na xestión e organización que se está a realizar no eido da Atención Primaria. Un modelo organizativo que grazas ás canles de colaboración establecidas entre os hospitais da área e os centros de saúde, permite establecer unha continuidade nos niveis de asistencia ós pacientes e axilizar diagnósticos e tratamentos. Deste xeito, os profesionais de Atención Primaria nos ambulatorios e os de Atención Especializada nos hospitais colaboran na elaboración de protocolos que permiten o seguimento de patoloxías, a telemediciña, petición electrónica de analíticas desde os centros de saúde ou o acceso directo a probas diagnósticas entre Atención Primaria e Especializada. O premio foi recollido en Barcelona polo xerente de Xestión Integrada José Manuel González Álvarez.