O BNG pobrense demanda a creación dun CIM

POBRA> Os nacionalistas consideran necesario tamén a posta en marcha dun protocolo municipal de actuación fronte á violencia de xénero. Xa en outubro pasado, a corporación municipal aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG, na que entre outros acordos se recollía a elaboración dun protocolo de actuación por parte do goberno local ante os casos de violencia de xénero. Agora a través doutra moción, reclaman a creación dun Centro de Información á Muller. Para eles algo fundamental para abordar un problema que por desgraza está indo a máis. O BNG pobrense considera ademais necesario tamén que o equipo de goberno estableza un protocolo de actuación fronte ós ataques machistas.