A elite internacional da arqueoloxía darase cita en Boiro

    BOIRO> O décimo encontro arqueolóxico do Barbanza congregará en Boiro a destacados profesionais a nivel internacional. O exército de terracota de Xian ou as novas investigacións de Stonehenge será algún dos temas a abordar nas xornadas que se celebrarán o 27 e o 28 de febreiro. O encontro arqueolóxico do Barbanza destaca este ano pola calidade dos poñentes e o interese que espertan as temáticas que se abordarán durante as dúas xornadas. A maior parte delas versarán sobre a alta idade media, temática que centrará esta décima edición dos encontros. Marcos Martinón Torres abrirá o ciclo cunha conferencia sobre os guerreiros de Xian en China, seguido de Jose María Fullola que debullará as característica da cova des Pas, exemplo de xacemento na Prehistoria Mediterránea. Haberá tempo tamén para o análise de xacementos máis próximos así como o estudo de novas técnicas como a fotogramétrica aplicada á arte rupestre ou a traceoloxía. O domingo 28, a primeira das charlas correrá a cargo do catedrático de Prehistoria Michael Parker. Ademais das conferencias, durante o encontro presentaranse dúas exposicións: As pegadas do home, organizada polo Card Ville e Neixón, Grande éxitos, desenvolvida pola asociación de amigos do centro arqueolóxico do Barbanza. Tamén están previstas dúas saídas que terán lugar a primeira fin de semana de marzo. O prazo de inscrición xa está aberto. Será gratuída para a modalidade libre e cunha cota de dez euros para a modalidade certificada. Poden realizala ata o 20 de febreiro no enderezo electrónico info@centroarqueoloxicodobarbanza.org.